
As xornadas continuarán nos vindeiros días en Pontevedra, Ferrol, Monforte, Lugo, A Coruña, Viveiro, Ourense, O Barco, Ribeira e Vigo, e poden participar nas mesmas todos aqueles representantes de comercios retallistas galegos que estean interesados.
O proxecto Mercadogalego.eu fomenta a creación dunha plataforma de venda en liña para os pequenos comercios galegos e, entre outras vantaxes, permitirá introducir na Internet información das tendas, pór á venda os seus produtos e incluso utilizar tarxetas de crédito, permitindo que os pequenos comercios dean o salto á era dixital.
Innovación e Industria informa aos pequenos comerciantes galegos sobre o proxecto Mercadogalego.eu
Compartir Este Artigo
