
Trátase este dun espazo-servizo en liña desenvolvido de xeito íntegro por ElMuelle e que, entre outras moitas cousas, achega a posibilidade de facer efectivo o cobro de calquera servizo cunha tarxeta de crédito, “de xeito que se deixa marxe para as operacións en tempo real sen necesidade de dispoñer de contas bancarias ou de ter contratado un tpv cunha entidade financeira”, sinala a firma da Pobra, ao que engade que o único requisito esixido para tirar rendemento deste recurso é o de ter un acceso á Rede.
A ferramenta, que ten tras de si un ano de traballo intensivo de construción e desenvolvemento, está arestora en proceso de posta a punto, de aí que ata o de agora non fose obxectivo de ningunha presentación oficial. “No mundo globalizado de Internet”, comentan os responsables de ElMuelle ao respecto do carácter innovador da solución que agora dan a coñecer, “os pagos en liña e a facilidade de poñer estes medios ao alcance da man de calquera profesional que precise cobrar con tarxetas de crédito os seus servizos, tanto para as súas webs como para vendas de comercios físicos, constitúe ao noso xuízo unha moi importante vantaxe”.
Sobre Magic Internacional
Segundo informa Eganet nun comunicado en liña, o gran obxectivo do salón Magic Internacional é dar a coñecer a existencia do sector espiritual e alternativo á sociedade actual e activalo cultural e economicamente mediante a divulgación e promoción de empresas e profesionais. Arestora, engade a asociación TIC, constitúe o evento máis grande deste tipo que se celebra en Europa.
Tecnoloxía galega rumbo á Feira Magic Internacional de Barcelona
Compartir Este Artigo

