
A interpretación do auto por parte de Telecinco e YouTube son totalmente opostas, e así dende Telecinco aseguran que o auto desestima que teña que ser Telecinco a compañía que elimine as pezas que deban ser protexidas, mentres que dende Google aseguran que a decisión xudicial «confirma que non existe absolutamente ningunha necesidade de emprender accións legais, posto que YouTube xa ofrece a todos os propietarios de contidos un sistema doado de usar para denunciar vídeos que presuntamente atenten contra os dereitos de autor simplemente indicando o URL dos mesmos».
Enrique Dans (que actuou coma perito no caso de Telecinco contra YouTube) dende o seu blog parece coincidir coas teses de Google, e está contento polo feito de que o xuíz entendese perfectamente e seguise as teses sostidas pola defensa.
Novo capítulo do conflito entre YouTube e Telecinco
Compartir Este Artigo
