A pasada fin de semana Vieiros informou de que a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual puxo en marcha unha páxina web con información sobre a cobertura da Televisión Dixital Terrestre en Galicia, combinando un sistema de información xeográfica (GIS) cun apartado de consulta por provincia, concello, parroquia e núcleo de poboación, de xeito que se poden localizar os diferentes emisores, reemisores e encheocos da TDT por toda a nosa xeografía.
A web tamén permite consultar se hai cobertura da TDT en cada núcleo de poboación e a súa calidade (ou a data na que se agarda que estea dispoñible), así como a distancia entre a localización indicada e o seu reemisor máis próximo (baseándose en mapas de Google) aínda que no momento de escribir estas liñas o servizo no parecía estar operativo, posiblemente porque o seu equivalente estatal está fóra de servizo por estar en pleno proceso de actualización (para incorporar as extensións de cobertura recentes).
Nova web para consultar a cobertura da TDT en Galicia
Compartir Este Artigo
