YouTube permite seleccionar distintos temas para decorar a aparencia das felicitaciónsO pasado ano YouTube presentou as video-felicitacións de Nadal, das que se enviaron máis de 1 millóns, e agora retoman esa idea na sección Tarjetas de felicitación de YouTube dende a que se pode elixir un vídeo (tanto entre os recomendados por YouTube coma outro calquera publicado no portal de vídeos de Google), seleccionar o tema gráfico que desexemos para a súa presentación, redactar o texto que acompañe á nosa felicitación a xeito de mensaxe persoal e introducir logo os enderezos de correo electrónico dos destinatarios para felicitarlles as festas de xeito orixinal e ecolóxico (xa que se evita a tala de árbores ao non precisar de papel as felicitacións electrónicas).