En febreiro de 2004 Erwin Beckers deixou o proxecto X-Box Media Center para empezar o seu propio proxecto, MediaPortal, co que pretendía crear unha plataforma de software para converter un ordenador baseado en Windows en todo un MediaCenter, que vén de estrear a súa versión 1.0, polo que esta aplicación xa se considera completa, e permite tanto facilitar a reprodución multimedia coma facer doada a gravación de programas se contamos cunha sintonizadora de televisión no PC.
MediaPortal pode utilizarse para ver películas, series de televisión, fotografías, ver o estado do tempo ou a ver/gravar a televisión, funcionando en Windows XP e Vista sempre que se conte co framework .NET instalado, sendo un desenvolvemento aberto e de balde, do que xa se está a traballar nunha versión mellorada, o MediaPortal II, que será máis modular e con funciones avanzadas (reprodución a través de rede local ou en móbiles) que xa conta cunha versión previa.


