O director xeral de Comunicación Audiovisual visitou esta mañá a carpa sobre novas tecnoloxías instalada pola Secretaría Xeral de Comunicación e Retegal S.A. na Alameda de Santiago, onde avanzou que 60 concellos galegos realizaron o acendido dixital neste mes de decembro polo que «imos por diante na implantación da TDT» grazas ao esforzo da administración, as empresas e o operador público de telecomunicacións Retegal.
Esta iniciativa pon punto e final á campaña divulgativa sobre a TDT que nos pasados meses percorreu os concellos galegos nos que primeiro se vai levar a cabo o acendido dixital, nos que están 16 concellos de Ourense Este, 39 da demarcación de Santiago e 5 de Pontevedra.
Fernández Iglesias tamén lembrou que a TDT é unha tecnoloxía de substitución, «polo que cómpre ir adaptándose para a súa recepción canto antes», e aínda que o apagamento analóxico estea previsto para o 30 de abril de 2010, Santiago de Compostela e Ourense Este adiantarán este acontecemento como mínimo 6 meses, seguindo os pasos de A Fonsagrada na dixitalización da televisión.
60 concellos galegos estrearon TDT en decembro
Compartir Este Artigo
