Fotografía de Gregorio Andión realizada por Rafa Vázquez para La OpiniónO Partido Popular lanzou o pasado mes de setembro un concurso de vídeos baixo o lema Come con Rajoy, ao que se presentaron distintos clips cunha duración máxima de 1 minuto nos que se reflectía «a situación política e económica en España», e da que se agardaba que o gañador se dese a coñecer o pasado 20 de outubro, pero ata agora non se lle dera notoriedade na Rede, e agora sabemos que foi o pontevedrés Gregorio Andión López quen coa súa peza La Voz de la Calle gañou un xantar co presidente do PP, Mariano Rajoy, aínda que non se coñece cando se celebrará o encontro gastronómico. O concurso creara certa polémica, o que levara ao PP a suprimir a súa promoción da súa web, pero parece que seguiu adiante sen problemas, e un sinxelo vídeo afeccionado logrou superar incluso a Pablo Motos, do programa El Hormiguero de Cuatro, así como a outras pezas máis artísticas.
La Voz de la Calle foi o vídeo gañador do concurso Come con Rajoy