Dende Microsoft aproveitaron a celebración do CES en Las Vegas para confirmar que o servizo Xbox LIVE Primetime para a súa consola de videoxogos doméstico comezará a funcionar a partir da primavera, pois non a puideron ter lista para o lanzamento de Nova Experiencia Xbox, e para ir preparando o terreo amosaron un vídeo que nos adianta cómo será esta plataforma que sirve tanto para programar eventos en liña nos que participar como espectadores como para participar en concursos de preguntas e respostas nos que se repartirán premios reais.
O concurso 1 vs 100 foi o se presentou en Las Vegas, e poder participar neste tipo de xogos dende unha Xbox 360 conectada á Rede será un soño feito realidade para moitos, que verán cómo un formato tipicamente televisivo se adapta ao xogo en liña.
Adianto do que será Xbox LIVE Primetime
Xbox LIVE Primetime estrearase en primavera
Compartir Este Artigo
