Prototipo do WiiZiiAínda que a Xbox 360 e a PS3 contan con disco duro, Nintendo deixou esta opción afastada da súa Wii, o que levou a certos usuarios avanzados a buscar un xeito de ampliar a capacidade da consola doméstica de nova xeración máis vendida, nun proxecto que está moi avanzado, e que en breve se concretará en WiiZii, unha modificación doada de instalar que permitirá a conexión dun disco duro SATA á consola, no que se poderían almacenar programas caseiros (e posiblemente copias de xogos orixinais) evitando así a carga desde DVD e incluso integrando un firmware actualizable. Parece evidente que Nintendo obviou esta opción de disco duro ante a posible ameaza que podería supor ás vendas, xa que faría a piratería demasiado atractiva (non seria preciso nin gravar os xogos, nin almacenalos en DVD), aínda que haberá que agardar a que o WiiZii sexa unha realidade para ver se o invento permite todo o que pretende.