
Entre os asistentes se puido ver coma os políticos blogueiros Jorge Morabas e Alfonso Serrano falaban das súas experiencias, mentres que Esperanza Aguirre comprobaba as posibilidades de Facebook intercambiando mensaxes en tempo real cos seus amigos nesta plataforma de redes sociais, e incluso outros políticos coma Ruíz Gallardón ou De Cospedal intentaron defenderse non sen dificultade ante a pantalla do ordenador, mentres que xente coma Daniel Sierra ou Sáenz de Santamaría non tiveron problemas para manexarse con soltura.
O propio secretario do Grupo Parlamentario Popular e organizador do evento, José Luis Ayllón, asegurou que «sen Internet non se poden gañar unhas eleccións», marcando un cambio de estratexia que se fixo notar nos últimos anos, onde a Rede se converte xa nun eido máis nos que os políticos se teñen que enfrontar para gañar a confianza do electorado.
Rajoy e De Cospedal fixeron un percorrido polo evento para coñecer mellor aos blogueiros do PP e a simpatizantes con blog, e puideron amosar os seus propios blogs a Rajoy tanto Enrique Dans (profesor do Instituto de Empresa) coma o deputado popular Antonio Gallego e Javier Dorado (membro de Nuevas Generaciones).

Manuel Fraga mandou un saúdo aos participamentes no evento
Moragas e Serrano comentan a súa experiencia blogueira
