
A exposición pretende achegar aos galegos o audiovisual e os multimedia realizados por empresas e universidades galegas, e servir de plataforma de experimentación de novos sistemas e contidos audiovisuais, o que se concreta nunha mestura entre arte e tecnoloxía, que introduce aos visitantes nunha experiencia interactiva na que non son meros espectadores.
A exposición conta con proxeccións e xogos en 3 dimensións, un canciño robótico que pretende falar galego, unha viaxe virtual polas festas máis importantes de Galicia e outras actividades que se poderán ver en Friol ata o 1 de febreiro.
Galiciadixital chega a Friol
Compartir Este Artigo
