Google identificaba a todas as webs coma perigosas nos seus resultados de buscaO pasado sábado, e durante apenas unha hora, a xente que realizaba buscas en Google atopaba coma entre os resultados todas as webs listadas aparecían marcadas coa etiqueta de «este sitio puede dañar tu equipo», de xeito que ao intentar visitalas aparecía unha páxina de advertencia na que se aseguraba que a páxina de destino podería incluír malware, software malicioso que afectaría negativamente ao equipo do usuario, polo que se insta ao usuario a non acceder á mesma, pero esta falsa advertencia estaría provocada por un mero fallo humano, pois na listaxe de webs perigosas subministrada por StopBadware.org alguén incluíu coma enderezo web perigoso ao carácter «/», que está presente na totalidade das páxinas web, o que provocou esta incidencia que alerta ao público en xeral e tamén nos fai reflexionar sobre a dependencia que temos deste tipo de mecanismos de control, que no futuro poderían empregarse para a censura ou outras prácticas sumamente perigosas, polo que deberíamos ter máis tino á hora de adoptar medidas coma listaxes negras, de uso moi frecuente, por exemplo, por parte servidores de correo electrónico. Dende StopBadware.org rexeitan toda responsabilidade sobre o acontecido, e a xente de Google recoñece o problema e pide desculpas aos usuarios, pero boa parte dos internautas percibiron esta pequena incidencia coma unha caída de Google, demostrando a grande vulnerabilidade que teñen os grandes sistemas dos que temos unha dependencia cada día maior. Ao intentar cargar unha páxina sospeitosa dende Google o buscador pon atrancos para evitar a exposición ao malware