Filmax Entertainment fortaleceu a súa presenza na Rede cunha nova iniciativa na que combina o audiovisual co comercio electrónico a través do portal Yodecido, no que están dispoñibles para a súa venda máis de 3 millóns de temas musicais, á vez que unhas 700 películas poden alugarse ou mercarse.
O videoclub de Yodecido permite a descarga de películas en réxime de aluguer, o que consiste na súa visualización dentro dun período de 48 horas para o que se conta normalmente cunha versión en formato WMV a 840 kbps, mentres que de optarse pola súa compra a calidade aumentaría ata os 1,5 Mbps. Os prezos dos alugueiros oscilan habitualmente entre os 1,95 e 3,95 euros, mentres que as compras se moven entre os 4,95 e os 11,95 euros, agás un grupo limitado de obras ofertadas a 2,95 euros.
Na tenda musical de Yodecido temos cancións de todo tipo, que nuns cansos de venden en formato MP3 e noutros en WMA (normalmente a 192 Kbps), e están dispoñibles tanto álbums completos coma temas soltos (o que vén a ser habitual neste tipo de tendas de descargas). Pero as cousas non quedan nunha tenda de vídeos e outra de música, senón que, como xa fixera hai uns meses ADNStream.tv (e utilizando a súa tecnoloxía), Filmax ten unha especie de televisión por Internet na que ofrece de balde unha ampla oferta audiovisual de balde entre as que estarían as películas El Cid, la leyenda, Manolito Gafotas, Colmillo Blanco, En el punto de mira, Invicto, Romasanta, ll caza de la bestia, American Psycho 2 ou Webmaster á vez que tamén se convida aos usuarios de gozar da rede social Yodecido para amantes do cine autodefinida coma Camerino.
Filmax estrea Yodecido, unha nova tenda de descargas dixitais
Compartir Este Artigo
