O xornal Shin Min Daily News informou de que un traballador dunha tenda de Guangzhou (China) morreu o pasado venres pola tarde ao pouco de cambiar a batería do seu móbil, que tería esbourado estando no peto da camisa, o que provocou a súa morte. Esta sería a 9ª morte por explosión de móbil rexistrada en China dende 2002, o que debería servir de exemplo as consumidores, que deberían tomar certas precaucións coma utilizar sempre baterías orixinais, non expor o móbil a altas temperaturas ou ao sol e mesmo evitar o as chamadas moi longas.
Este tipo de incidencias aínda son pouco frecuentes en occidente, en boa medida porque apenas hai mercado de baterías non oficiais, que normalmente son as causantes deste tipo de accidentes en teléfonos móbiles, ordenadores portátiles e outros dispositivos con baterías recargables.
ACTUALIZACIÓN (10-2-2009): O móbil explosivo trataríase realmente dunha pistola caseira (que destrozou un móbil ao dispararse).
Morreu un chinés ao explotar a batería non orixinal do seu móbil (ACTUALIZADO)
Compartir Este Artigo
