RadioVoz leva tempo apostando pola Internet como canle de difusión, e dende hai varios anos permitía escoitar en directo pola Rede as súas emisións, ampliando paulatinamente a súa oferta de streaming ata chegar a 5 das súas 8 emisoras locais, pero estes días están a desenvolver unha renovación da súa imaxe na web, e aparte do directo, subiranse ao carro do podcast, permitindo a descarga en MP3 de moitos dos seus programas.
A nova web, publicada baixo a plataforma de xestión de contidos de código aberto Joomla!, non se limitará a ofrecer son en directo e gravado, senón que tamén albergará blogs de varios dos presentadores da rede de emisoras da Corporación Voz.
No momento de escribir estas liñas aínda están a cargar contidos neste novo espazo electrónico, que achega información sobre a súa programación, os seus programas e os seus presentadores, pero agárdase que se converta nunha boa ferramenta para os oíntes habituais de RadioVoz.
RadioVoz renova a súa web incorporando podcasts e blogs
Compartir Este Artigo
