Os datos de visitas publicados por ComScore indicarían que de continuar a tendencia actual Gmail, o servizo de correo electrónico de Google, podería superar ao veterano Hotmail de Microsoft antes de rematar o ano.
No último ano o número de visitas de Gmail tería medrado un 43% nos EE.UU., mentres que Hotmail reduciría a súa afluencia un 3%, o que facilita que o servizo de Google gañe pola man, aínda que continúa outro xogador no campo que conserva moita forma, Yahoo!, que está en cabeza sumando máis usuarios únicos que Gmail e Yahoo! xuntos, aínda que de manterse a evolución de visitas actual podería sucumbir ante Gmail a finais de 2011.
O crecemento de Gmail podería estar provocado pola súa constante innovación, polas facilidades para migrar ao servizo dende outras plataformas (Google está a incorporar estes días un asistente para a importación de vellos correos e contactos a Gmail) e a súa aposta polos terminais móbiles (tanto a través de versións móbiles do seu servizo como polo mero feito de permitir o acceso ao seu servizo mediante o protocolo IMAP).
Gmail podería rematar o ano superando a Hotmail
Compartir Este Artigo
