Barnes & Noble será o provedor de libros electrónicos exclusivo para o lector de Plastic LogicAnte o lanzamento do Amazon Kindle 2 os seus competidores comezan a amosar as súas cartas, e Plastic Logic, que non terá un lector de libros electrónicos para o mercado de consumo ata 2010 (ou, como moito, para finais de ano)está a prepararlle o terreo, e anunciou que chegou a acordos con Ingran Digital (e-books), LibreDigital (xornais electrónicos), Zinio (revistas electrónicas) e mesmo o Financial Times e USA Today, de xeito que formarían unha plataforma alternativa a Amazon, cunha tenda en liña na que venderían o seu material e pretenden que sexa aberta e deseñada para os creadores de contidos, editores e agregadores de contido para «crear, formatar, vender e distribuír contido para unha doada visualización e uso para o Plastic Logic Reader». O lector de libros electrónicos sería bastante diferente do Kindle, pois tería un tamaño de pantalla maior (22 x 28 centímetros) fabricada en plástico flexible, en vez de utilizar a tecnoloxía de eInk. O Plastic Logic Reader mediría 22 x 28 centímetros e pesaría menos que unha revista media