A Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Santiago (ETSE) é o escenario escollido pola Comunidade Morfeo para presentar as súas últimas novidades en materia de software libre na USC.
Esta Comunidade está a traballar, actualmente, na definición de aplicacións de software libre estándar e plataformas tecnolóxicas de base mediante a transformación de produtos en “commodities”, así como na creación de oportunidades de negocio ao redor de estándares abertos, na protección a longo prazo dos investimentos en tecnoloxía e na súa innovación constante mediante a súa aposta polos estándares abertos.
Axenda da xornada de difusión de Morfeo 2009Ata o momento, Morfeo orienta a súa liña de traballo á creación de relacións ‘win-win’ entre os seus membros, froito do licenciamento libre da tecnoloxía desenvolvida o que posibilita unha mellora e máis rápida transferencia de resultados entre os proxectos de I+D+i e o mercado de produtos e servizos.
Esta presentación está promovida pola Universidade Rey Juan Carlos I e polo grupo de investigación Libresoft como unha oportunidade para coñecer ás diferentes empresas e organizacións galegas relacionadas coas aplicacións abertas.
O acto terá lugar mañá venres, 13 de febreiro, na ETSE a partir das 10:00 horas e os interesados en asistir poderán atopar máis información na web oficial da iniciativa.
A Comunidade Morfeo presenta as súas últimas novidades en materia de software libre
Compartir Este Artigo

