Avanzando na calidade dos seus vídeos, YouTube xa non só permite que os clips incrustados noutras páxinas web se poidan ver en alta calidade (HQ), senón que agora tamén habilitou a posibilidade de reproducilos en alta definición (HD) o que ata o momento estaba reservado para usuario que reproducisen os vídeos directamente o portal de vídeos de Google.
Coa posibilidade de reprodución vídeos en alta definición fóra de YouTube o servizo está a instar aos seus usuarios publicar os seus clips coa máxima calidade posible, á vez que asesta un duro golpe á súa competencia, que nalgún caso ata cobraba por tal opción.
Outra das vantaxes de publicar vídeo en alta definición é que estes estarán dispoñibles con grande calidade para plataformas como a PlayStation 3, para a que YouTube conta con interface web adaptada, ou para set-top-boxes e televisores intelixentes que opten por achegar servizos de vídeo da Internet.
Un dos vídeos nos que está presente a opción de reprodución en alta definición
YouTube permite reproducir en HD os seus vídeos en webs alleas
Compartir Este Artigo
