A plataforma virtual de comercio electrónico promovida pola Dirección Xeral de Comercio, Mercadogalego.eu, está a ter moi boa aceptación segundo comentou o conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, quen hoxe cifrou en 150 o número de empresas que presentaron a súa correspondente solicitude para participar desta iniciativa que só leva activa 3 días.
Mercadogalego.eu servirá para comprobar se o comercio electrónico é unha boa ferramenta para os pequenos establecementos de Galicia e para os propios consumidores, o que permitirá tamén sopesar o futuro de moitos negocios.
Grande interese do pequeno comercio por Mercadogalego.eu
Compartir Este Artigo
