
Aínda non se coñecen nin os lugares nin os prazos nos que Microsoft contará con tendas de seu, pero está claro que estes establecementos poden servir para afianzar a relación entre os consumidores e os produtos de Microsoft, que abarcan dende as consolas de videoxogos ata as aplicacións informáticas, pasando por accesorios e servizos.
De feito, en xaneiro Microsoft xa inaugurara unha tenda nos seus cuarteis xerais, como unha tenda piloto que serve para amosar produtos de Microsoft, así como para demostrar cómo é posible optimizar os procesos deste tipo de establecementos, polo que entendemos que queren sacar proveito deste desenvolvemento en primeira persoa.
Vídeo de presentación da tenda piloto de Microsoft
