A editora Luarna vén de publicar Olladas Atlánticas de Daniel Levesedo, libro que ata o momento está dispoñible en formato PDF (e no futuro tamén estará dispoñible en ePub para mellorar a súa difusión) coma compromiso polos novos soportes de lectura electrónica.
O libro, á venda por 2,60 euros, é un relato curto que definen coma «o primeiro e-book literario galego», afirmación moi discutible (especialmente ao ter en conta iniciativas como a de Edicións da Rotonda).
De todos os xeitos, cómpre botar un ollo a este tipo de publicacións, pois no futuro poderían ter moito peso na edición literaria, especialmente de popularizarse terminais móbiles e lectores de libros electrónicos como soportes de lectura.
Luarna edita o seu primeiro e-book galego
Compartir Este Artigo
