Telefónica presentou no Mobile World Congress de Barcelona un novo vehículo cun software personalizable (TIC box) con conectividade continua de xeito que o condutor ten acceso a distintos servizos que facilitan tanto a condución como a comunicación coa familia e o traballo.
O TIC box adáptase automaticamente ao condutor do vehículo e á súa ruta diaria para avisalo de posibles atascos, propor accesos alternativos ou coordinar a viaxe con outros condutores (no caso dunha viaxe en grupo) ou avisar a un taller ou ao servizo de atención na estrada en caso de avaría.
O dispositivo funciona con conexións Wi-Fi, Bluetooth ou de telefonía móbil (GSM/GPRS/UMTS/HSDPA), contrólase mediante a súa pantalla táctil e ordes de voz e permitiría achegar ao coche servizos de Telefónica que incluso poderían axudar a mellorar a seguridade no automóbil (avisos de exceso de velocidade, puntos negros, estado das estradas, alarmas meteorolóxicas…).
Telefónica amosa a súa tecnoloxía para converter en realidade o Coche Conectado
Compartir Este Artigo
