A Deputación de Lugo instalou un micro-reemisor de TDT (gap fillers ou enche ocos) en Currelos, no Concello do Saviñao, para dar sinal da Televisión Dixital Terrestre a este val no que había importantes problemas de cobertura pola súa orografía. Preto de 200 veciños xa se benefician desta medida promovida pola organismo provincial e que ten por obxectivo que as novas tecnoloxías cheguen a todos os habitantes da provincia.
O micro-reemisor, que xa entrou en funcionamento, ten unha altura de 24 metros. Está situado no Monte de Couto, nunha cota de 625 metros, e ten un alcance máximo de 4 quilómetros. No val de Currelos había importantes problemas de cobertura co sinal analóxico, xa que os veciños non podían ver as canles privadas. Agora a Deputación soluciona este problema coa instalación deste micro-reemisor, un gasto co que deben correr os concellos, pero que asume a institución provincial dentro da súa política de Cooperación coas Entidades Locais.
Na actualidade, se un Concello quere instalar gap fillers debe financialos con fondos propios. A data de 3 de abril de 2010 estes problemas quedarán resoltos, xa que esa é a día da última fase do apagamento que corresponde á zona afectada (Lugo, transmisor do Páramo).
A Deputación de Lugo leva a TDT ao val de Currelos (Concello do Saviñao)
Compartir Este Artigo
