En agosto de 2007 dabamos conta de que a Deputación de Lugo comezaba a introducir o galego na súa web tras numerosas reivindicacións sobre tal polémica carencia, pero este proceso de cambio foi moi lento, e incluso o propio nome de dominio do ente continuaba en español e as alternativas en galego nin sequera estaban rexistradas (nin pola Deputación nin por usuarios particulares).
Agora, dende Vieiros avisan de que, finalmente, todos os contidos da web da Deputación de Lugo (xa con dominio en galego), co que cumpren coa lexislación vixente.
Por fin está en galego a páxina web da Deputación de Lugo
Compartir Este Artigo
