Dende Windows Features póndese desactivar distintas funcións de Windows 7Nunha das últimas versións de proba do sistema operativo Windows 7 (a 7048) apareceu a opción de desactivar o navegador web Internet Explorer 8, como moitas outras prestacións do sistema, a través da fiestra de Windows Features, o que non está presente na beta pública de Windows 7, pero deixa claro que estas funcionalidades poderían buscar axustar o futuro Windows ás esixencias da Comisión Europea, que considera que Microsoft está a realizar prácticas monopolísticas ao incluír de serie co seu sistema operativo un navegador de Internet. De confirmarse esta características na versión final de Windows (Microsoft non fixo ningún comunicado oficial), os fabricantes de equipos informáticos poderían preparar versións preinstalables do sistema operativo de Microsoft na que o navegador por defecto fose outro distintos do Internet Explorer 8, a tenor de acordos con empresas coma Google ou incluso ante unha aposta por aplicacións abertas coma o Mozilla Firefox.