
O H2BOX sería un equipo cun procesador AMD de dobre núcleo, 2 Gb de RAM, disco duro, saída HDMI, S/PDIF, 6 portos USB e Gigabit Ethernet, que se sostén sobre unha distribución Ubuntu GNU/Linux e os programas MythTV (para funcionar coma DVR) e XBMC (coma reprodutor multimedia), configurado para que o usuario non se teña que preocupar en nada máis que elixir os contidos que quere ver no seu televisor.
Esta solución ideada por Jerónimo Palacios permite reprodución música, ver fotografías e mesmo soporta vídeos en alta definición (incluíndo os ficheiros MKV a 1.080p), o que non é ningunha innovación, senón que se trata da combinación de tecnoloxías sobradamente establecidas e abertas, polo que o usuario non terá problemas para ampliar o H2BOX incluíndolle unha sintonizadora dual, un lector de Blu-ray ou unha tarxeta Wi-Fi se o considera oportuno.
Incluso están a traballar na posibilidade de integrar un cliente de BitTorrent para que se poida automatizar a descarga de series de televisión, podcasts ou videoblogs, o que agradecerán os usuarios que non queiran complicarse a vida para ter unha experiencia semellante ao vídeo baixo demanda, pero a un custo mínimo.
Presentan o H2BOX coa un ordenador barato para a reprodución multimedia no salón
Compartir Este Artigo
