Hoxe en Mondoñedo inaugúrase o novo centro da Rede de Dinamización da Sociedade da Información sito na Praza da Catedral, nun acto que terá lugar ás 20:00 horas. O novo local está totalmente equipado para que o persoal dinamizador da Rede poida achegar á poboación as TIC e acolla obradoiros de distinta índole tecnolóxica como a iniciación á Internet, á Informática ou a outras ferramentas.
O centro está equipado con 12 ordenadores, 11 cámaras web, 11 lectores de DNI electrónico, 2 impresoras, 1 escáner, un canón de vídeo, unha pantalla de proxección e unha cámara fotográfica dixital.
A Rede de Dinamización da Sociedade da Información xa está presente en Mondoñedo dende abril de 2008, pero sen un centro de seu, nun período no que se impartiron un total de 33 obradoiros nos que se formaron a 134 persoas durante 200 horas.
Mondoñedo estrea Centro de Dinamización
Compartir Este Artigo
