
No acto inaugural participou a directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Helena Veiguela, quen destacou o interese do goberno local por este proxecto «posto que foi o único concello, dos 47 que concorreron a esta orde de axudas, ao que non foi preciso requirir información nin corrección de documentación que alongase os pasos administrativos necesarios para pór en marcha o servizo».
A posta en servizo desta rede WiMAX foi adxudicado en concurso á operadora galega R, que permitirán aos empresarios contratar conexións de entre 2 e 12 Mbps con servizos asociados de correo electrónico, antispam, anvivirus, mensaxería, etc. a uns prezos competitivos que non poderán modificarse nos 3 anos que dura a súa concesión.

O parque empresarial de Melide estrea rede WiMAX
Compartir Este Artigo
