O diario Público cambiou de deseño para engadir novas seccións, mellorar a súa navegación, dar maior presenza a seccións que gañaron popularidade e toma unha aspecto visual máis atractivo, aínda que quedando nun formato moi convencional que podería ter aproveitado o momento que supuxo o seu lanzamento como unha cabeceira xornalística estatal totalmente nova.
Os cambios tamén permiten a introdución de novos formatos publicitarios, menos intrusivos e máis visibles, buscando un equilibrio entre a presenza das mensaxes dos anunciantes e a navegación dos lectores. A sección de Opinión tamén estrea portada dun xeito moi curioso, pois converteron as columnas da súa edición impresa en falsos blogs da edición dixital (o que parece reflectir un erro conceptual bastante xeneralizado nas edicións dixitais de medios impresos).
Aínda que esta web xa supera os 2.500 comentarios ao día nas súas novas, anuncian que durante a primavera lanzarán novas funcións para a participación dos lectores e novas seccións exclusivas para a edición dixital, polo que parece que finalmente van a entender a importancia da Internet nun momento no que a prensa está a vivir a crise do seu modelo de negocio.
Público renova a súa edición dixital
Compartir Este Artigo
