Un grupo de desenvolvedores de software non oficial para Wii veñen de presentar nun vídeo unha aplicación que podería supor toda unha revolución para os usuarios, xa que permitiría a carga de aplicacións caseiras (así como copias de xogos orixinais) dende un disco duro externo, o que finalmente foi posible tras conseguir dar soporte á conectividade USB 2.0 da consola.
A aplicación non só permitiría cargar copias de seguridade dos nosos xogos, senón que tamén facía a función de volcado dos mesmos a unha unidade USB externa (tanto memoria USB coma disco duro, sempre que funcione co sistema de ficheiros FAT32).
De todos os xeitos, esta aplicación aínda non foi publicada para a súa descarga, e o vídeo que circula pola web é unha filtración, polo que os detalles sobre a veracidade deste interesante avance son descoñecidos, e non falta que sospeita que podería ser unha broma do Primeiro de Abril (que chegase antes de tempo accidentalmente).
Vídeo filtrado no que se ve en funcionamento o cargador de apliacións para Wii vía USB
Aparece un vídeo dun suposto cargador de aplicacións para Wii por USB
Compartir Este Artigo
