
Pero a polémica non é o único rechamante relativo aos datos de OJDinteractiva, xa que anunciaron que en marzo os 383 medios auditados estarían a rexistrar un record histórico, estando na súa meirande parte nun crecemento constante que reflicte a boa saúde dos medios en liña.

Na listaxe xeral de medios informativos aparecería coma líder Elmundo.es, seguido por 20Minutos.es, aínda que podemos destacar os excelentes resultados da edición dixital de La Voz de Galicia, que conseguiu acadar a 10ª posición do seu sector en número de visitas e páxinas vistas entre as empresas auditadas por OJD. Atendendo a medios galegos, La Voz estaría seguida en éxito por Faro de Vigo, El Correo Gallego, La Opinión e Galiciaé por esta orde, aínda que cómpre destacar que un mero blog coma Microsiervos, de ser considerado un medio de comunicación xeneralista sería comparable ao Faro de Vigo (ao que supera en usuarios únicos e visitas, aínda que non en páxinas vistas).
Como vén sendo habitual, La Voz de Galicia suma máis visitas nun mes que o resto de medios galegos auditados xuntos (tanto en visitas coma en páxinas, non sendo coherente aplicar tal comparación a usuarios únicos, por existir interseccións entre as distintas cabeceiras), polo que case parece existir unha translación directa entre os lectores dentro e fóra da Rede.
As medicións de OJDinteractiva confirman a boa saúde dos medios dixitais
Compartir Este Artigo
