Os Laboratorios de Google presentaron un novo proxecto chamado News Timeline, que permite realizar buscas entre distintas fontes (os servizos de novas indexados por Google, a Wikipedia, varias revistas, resultados deportivos…) para presentar os resultados nunha liña de tempo, o que axuda a ter unha visión cronolóxica sobre a información que procuremos.
O sistema permite elixir as fontes nas que se busque, o rango de tempo ou cómo se amosan os resultados e, aínda que polo momento só traballe con fontes en inglés, esta solución podería rematar integrándose no motor de novas de Google ou noutros servizos da compañía.
Google proba un buscador cronolóxico de novas
Compartir Este Artigo
