
Esta situación podería crear unha nova fenda dixital que sería preocupante, pois separaría aos países en vías de desenvolvemento do resto, de seguirse os pasos de compañías coma Veoh, un servizo de publicación de vídeos, que bloqueou o seu acceso dende África, Asia, América Latina e Europa do Este, para evitar os altos custos da entrega de vídeos a estas rexións. Dende a compañía aseguraron que están a favor das «comunicacións abertas» pero tiveron que tomar esta medida por non ser capaces de rendibilizar este consumo esaxerado de largo de banda por un mercado do que non conseguen ingresos. A filosofía do todo gratis na Internet está baseada na publicidade, e esta apenas existe en moitos mercados que poderían quedar agora marxinados.
Dende MySpace decidiron empregar unha solución intermedia, e así, están a traballar nunha versión reducida do seu servizo para países con accesos lentos á Rede, o que reduciría as súas necesidades de transferencia para estes mercados (aínda que ofrecendo tamén a posibilidade de acceder á súa versión completa).
Incluso YouTube estaría a priorizar os vídeos en definición estándar para países pouco rendibles, de xeito que poderían limitar o que gastan en largo de banda en cada país, o que faría que o servizo fose lento e afastaría á audiencia dos clips en alta definición.
Facebook podería optar por reducir a calidade dos vídeos e imaxes que cheguen dende certas rexións. En definitiva, que todos os grandes servizos que contan cunha presenza global moi importante están a planificar xeitos de reducir os seus gastos en transferencia de datos a rexións nas que non cobren custos, o que afastaría cada vez máis a estes países do primeiro mundo, agrandando a fenda dixital que nos separa.
Os custos do largo de banda poderían agrandar a fenda dixital
Compartir Este Artigo

