
Esta funcionalidade podería aplicar a calquera base de datos pública do mundo, polo que dende Google están a contactar con distintas institucións e organismos para ampliar as informacións susceptibles de amosarse de xeito gráfico no buscador norteamericano, que poderían ir dende índices de prezos ata emisións de CO2, pasando por calquera enquisa pública coma dos datos que en España recolle o INE.
Polo momento a disposición desta tecnoloxía está limitada a pouco datos, e a usuarios norteamericanos, e os datos do paro sería un dos que podemos consultar na actualidade, podendo mesmo realizar comparacións entre distintas poboacións e estados, resultando de bastante utilidade este novo xerador de gráficos de fontes de información públicas.
Vídeo oficial de presentación da nova funcionalidade de Google
Google comeza a ofrecer no seu buscador gráficos interactivos con datos institucionais
Compartir Este Artigo
