O anuncio de LG no que presentaban a pantalla LCD máis delgada do mundo con só 5,9 milímetros de grosor podería precisar de certa matización, xa que dende CrunchGear tiveron a ben lembrar que a semana pasada Shinova presentou un prototipo de pantalla de plasma de só 1 milímetro de grosor, o que non invalida a información anterior, pero deixa claro que é posible adelgazar aínda máis os paneis dos televisores do futuro.
Tamén cómpre destacar que mentres as pantallas de LG pesan preto de 6 e 7 quilos, o prototipo de Shinoda está preto dos 90 quilos, polo que estaría nunha categoría de produto totalmente distinta (entre outras cousas, tamén conta con certa flexibilidade).
Shinoda conta cun prototipo de pantalla de plasma de 1 milímetro de grosor
Compartir Este Artigo
