Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O novo xogo de Intel para formar directores de tecnoloxía acada 200.000 rexistros
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O novo xogo de Intel para formar directores de tecnoloxía acada 200.000 rexistros

Redacción
Publicado: 29/05/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

intel_xogo_version_3.jpgCada vez con máis forza, os xogos irrompen en todo tipo de escenarios formativos onde ata hai ben pouco tempo dominaba exactamente o contrario: o mestre, titor ou relator fala, e os demais calan ou toman apuntamentos. As cousas van cambiando, aínda que se cadra máis paseniño do que deberían. A sociedade dixital contribúe: os alumnos xa non permitirían un esquema onde non se lles animase a participar, do mesmo xeito que o fan na Web, deixando opinión, achegando textos, vídeos ou fotografías. De igual maneira, os mestres tampouco son os mesmos. E senón que llelo digan aos que lle están a dar uso a IT Manager III: Forzas Invisibles, última versión dun videoxogo que, como o seu propio nome indica, une dous mundos que ata hai pouco eran tan contrapostos como auga e aceite: acción a través do ordenador por unha banda e, pola outra, métodos para levar unha empresa do mellor xeito, máis polo miúdo un departamento de tecnoloxía.
Segundo conta Baquia, a terceira edición do xogo está a atopar un gran seguimento na Web dende a súa posta en longo en novembro, con 200.000 usuarios rexistrados, a maior parte deles profesionais do sector ou ben estudantes.
Entre outras achegas salientables, lles permitiría aos usuarios poñerse na pel dun responsable interno en novas tecnoloxías, pero sen selo. Algo así como un simulador gratuíto para xefes TI, tal e como sinalamos no seu día coa posta en marcha dunha versión previa.
Segundo datos de Intel, a face web desta nova iniciativa xa recibiu case un millón de visitas dende que foi posta a disposición da comunidade internauta o pasado mes de novembro.
Polo que respecta ao argumento mesmo da proposta, sinalar que se trata de dirixir unha firma con arela de chegar ata o último recanto do mercado mundial. Ou sexa, que se nos imos a poñer en clave de estrategas comerciais da innovación, mellor facelo ao grande. A nosa misión: facer todo o posible para que o equipamento da empresa funcione ben, acadándolle maior rendibilidade e evitando posibles fallos de seguridade informática. Por certo que o xogo é de balde, e polo de agora está dispoñible en 14 países e en 12 linguas. Como dato revelador das vantaxes que ofrece para a economías que están a medrar e a facerse fortes, dicir Turquía é o país que máis partido está a tirar da proposta, co 40% dos xogadores totais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?