Microsoft anunciou que a súa consola Xbox 360 superou xa os 30 millóns de unidades vendidas, confirmando que 2008 foi o mellor ano na historia da consola, cun crecemento interanual do 28% e superando os 20 millóns de usuarios activos en Xbox LIVE, o que supón unha proporción de consolas conectadas á Internet realmente impresionante, deixando claro que os usuarios da Xbox 360 apostan decididamente tanto polo xogo en liña como da descarga de contidos.
As cantidades que manexa Microsoft colocaría á súa consola como a que máis lecer ofrece, facturando uns 14.500 millóns de dólares en consolas, xogos e descargas, o que en boa medida foi posible grazas á Nova Experiencia Xbox (que incrementou un 136% o número de altas de usuarios e incorporou as descargas de películas e series de televisión).
Comparando con outras plataformas, a Xbox 360 continúa a superar sobradamente os 22 millóns de PlayStation 3 que hai no mercado, aínda que a Wii xa chegase aos 50 millóns, pero no parece que a consola doméstica de Nintendo xere tanto negocio (especialmente nos EE.UU., onde a distancia entre ambas consolas é bastante cativa) que a Xbox 360, posto que a Wii carece das descargas de contidos audiovisuais, os seus xogos son máis baratos e vende menos xogos por consola que os seus competidores.
A Xbox 360 supera os 30 millóns de consolas vendidas
Compartir Este Artigo
