Os portos USB 3.0 distínguense dos USB 2.0 da nova placa pola súa cor azulAínda que no mercado non hai dispositivos que funcionen coa nova tecnoloxía USB 3.0, dende Asus adiántanse a este tipo de portos e os integrarán na placa base P6X58 Premium, que contará con 2 portos USB 3.0, 4 portos USB 2.0, 2 conexións PS2, 2 conexións Ethernet, 8 conexións SATA, 1 porto Firewire, audio 5.1 e 6 slots para memoria RAM. Haberá que agardar para ver o rendemento real dos portos USB 3.0 da nova placa, pero para iso tamén será preciso que aparezan dispositivos que poidan tirar proveito desta tecnoloxía.