Ser pioneiro na adopción tecnolóxica non sempre é positivo, e os clientes de Movistar que mercasen o HTC Dream van aprendelo polas malas, xa que este terminal co sistema operativo Android vai quedar estancado por contar só con 256 Mb de memoria ROM, mentres que o HTC Magic (comercializado por Vodafone) incorpora 512 Mb.
Ao comparar os terminais normalmente comentábase que a vantaxe do HTC Dream era o teclado QWERTY físico, mentres que o HTC Magic é máis delgado, máis lixeiro e con máis autonomía, pero ao saber que o HTC Dream non ten espazo libre suficiente para acoller actualizacións do seu sistema operativo podemos asegurar que o contraste entre os terminais é totalmente desigual, e o HTC Dream podería incluso considerarse obsoleto, por quedar acorado na versión actual de Android (pouco madura) mentres que o HTC Magic e o novo HTC Hero comezan a ver innovacións na súa interface que pararán os pasos deste sistema operativo promovido por Google.
Actualmente T-Mobile está a traballar con Google para evitar que o seu terminal G1 (nome que recibe o HTC Dream nos EE.UU.), pero resulta difícil de crer que poida superarse unha eiva tal coma contar coa metade de memoria ROM que os seus irmáns, polo que o máis probable é que este modelo de móbil quede marxinado nos vindeiros meses, o que resulta especialmente desagradable se temos en conta que os seus compradores asinaron un contrato de permanencia por 24 meses.
O HTC Dream podería quedar fóra das actualizacións de Android
Compartir Este Artigo
