Que o mercado musical cambiou radicalmente nos últimos anos non se lle escapa a ninguén pero, ¿ata qué punto chegou a revolución das descargas musicais? NPD Group elaborou un informe sobre a situación nos EE.UU. na que rexistran que nos últimos 2 anos as descargas pasaron do 20% das vendas musicais ao 35%, agardándose que para finais do ano que vén cheguen ao 50%.
Aínda que pareza moi positivo o crecemento das vendas de descargas hai que recoñecer que a súa situación resulta preocupante, xa que iTunes acabara o 69% do sector, mentres que o servizo Amazon MP3 queda nun segundo posto con só o 8% das descargas, polo que case estariamos ante un monopolio que podería prexudicar a consumidores e artistas. De feito, iTunes estarían a canalizar a cuarta parte das vendas musicais xerais nos EE.UU., o que supón unha posición realmente forte, que serve para constatar a agonía do CD coma soporte para a distribución musical.
NPD Group xa anunciara que en 2008 uns 17 millóns de norteamericanos deixaron de mercar CD, mentres que a reprodución de música incrementouse, dando a impresión de que as compras en soporte físico están a trasladarse directamente ao formato dixital.
iTunes realiza o 25% das vendas de música nos EE.UU.
Compartir Este Artigo
