Mentres agardamos a que o servizo de mapas de Google achegue a vista a pé de rúa nas cidades galegas xa visitadas polo coche encargado de fotografar en 360 graos as rúas, os portugueses xa ven coma esta posibilidade chega ás cidades de Lisboa e Porto, o que achega o turismo virtual a estas grandes poboacións, para chegar máis adiante a Aveiro, Braga,Évora, Protalegre e Setúbal.
En España Google Street View está dispoñible para Madrid, Barcelona, Sevilla, Valencia, Zaragoza e Oviedo, e agárdase que para o ano que vén non só varias cidades galegas gocen desta funcionalidade, senón que incluso todo o Camiño de Santiago podería percorrerse virtualmente utilizando esta plataforma pensada para revolucionar a busca local, e que resulta especialmente atractiva dende dispositivos móbiles.
Lisboa e Porto xa gozan de Google Street View
Compartir Este Artigo
