Esta semana moitos usuarios de contas de correo electrónico da operadora R (baixo o dominio mundo-r.com) recibiron un ataque de phishing que procuraba facerse co nome de usuario e o contrasinal dos usuarios do servizo de webmail da operadora de telecomunicacións galega.
Como curiosidade hai que destacar que as mensaxes fraudulentas detectadas estaban nun galego mal traducido, polo que os usuarios prudentes non deberían ter picado nesta táctica maliciosa, e dende R xa avisan de que a páxina coa que pretendían roubar os datos dos usuarios xa foi eliminada.
Diversos usuarios de R padeceron un ataque de phishing
Compartir Este Artigo
