Technorati publicou o seu informe sobre o estado da blogosfera, coma vén a ser habitual dende 2004, para o que realizaron 2.900 enquisas entre blogueiros, amosando un predominio de homes (o 67%), mentres que no rango de idades, máis da metade está entre os 25 e os 44 anos (destacando o feito de que o 28% dos consultados ten entre 35 e 44 anos), o que podería dar unha imaxe bastante fiel do tipo de persoas involucradas no mundo dos blogs, e reforzando a idea de que non son cousa de mozos, que habitualmente centran a súa actividade noutras plataformas para establecer redes sociais.
O estudo reflicte que o 72% dos blogueiros realizan a súa actividade por afección, aínda que a meirande parte dos consultados tamén coincide que o blogging permítelles unha maior visibilidade na súa industria.
No tocante ao tradicional debate entre se os blogueiros son xornalistas, habería que destacar que o 35% dos enquisados traballaron en medios de comunicación tradicionais coma reporteiros, locutores ou periodistas dalgún tipo.
Technorati publica o seu informe do estado da blogosfera
Compartir Este Artigo
