O Amazon Kindle parece querer contrarrestar o anuncio do Nook de Barnes & Noble sorprenden cun par de novos anuncios, pois por unha banda rebaixaron de prezo a versión internacional (igualándoa á norteamericana) e tamén anuncian que sacarán unha aplicación de lectura de libros electrónicos para o PC.
A rebaixa do prezo da versión internacional do Kindle parece vir provocada polo feito de que a partires de agora todos os Kindle funcionarán cunha conexións de banda larga móbil de AT&T, deixando Amazon de vender os dispositivos que facían uso da rede de Sprint. Os usuarios que xa pagaron polo seu Kindle internacional recibirán o reintegro de 20 dólares na súa tarxeta de crédito nos vindeiros días.
Dende Wired tamén advertiron que a versión internacional do Kindle é capaz de visitar algunhas páxinas web (con limitacións) como a versión móbil en inglés da Wikipedia, descoñecéndose cal será a política de Amazon a este respecto (¿ampliará esta funcionalidade a máis espazos web ou a versións internacionais da Wikipedia?).

O Kindle para PC permite adquirir, descargar e ler centos de milleiros de libros dispoñibles a través da Kindle Store, acceder á biblioteca de libros adquiridos anteriormente para o Kindle (sen ter que volver a pagar por eles), elixir entre 10 tamaños de letra e axustar o número de palabras por liña, ver notas realizadas nos dispositivos de lectura de Kindle, facer zoom cos dedos sobre a pantalla e pasar páxinas cos dedos.
O Kindle baixa de prezo e contará con aplicación para o PC
Compartir Este Artigo
