Os desgustos non cesan para Sony no tocante aos produtos defectuosos, e tras as súas polémicas baterías explosivas para ordenadores portátiles, agora ten que retirar 69.000 adaptadores de corrente para equipos VAIO destinados a equipos todo-en-un (modelo VGC-LT e VGC-JS2) e bases de portátil (VGP-PRBX1 e VGP-PRFE1).
Estes adaptadores fabricados en China e vendidos entre setembro de 2005 e outubro de 2009 estarían afectados por un problema que podería provocar o seu fallo futuro, incluso con risco de electrocución para o usuario, e aínda que só recibisen información de 4 casos de curtocircuíto, queren curarse en saúde, e Sony prefire retirar estes produtos defectuosos do mercado para evitar un problema de imaxe para a súa marca, coma cando os portátiles explosivos aparecían fotografados en páxinas web de todo o mundo. A substitución dos adaptadores será de balde para os seus usuarios.
Sony retira do mercado 69.000 adaptadores de corrente por risco de curtocircuíto
Compartir Este Artigo
