O peche de Soitu.es tras a perda do apoio económico do BBVA viña precedido da desaparición de ADN.es coma medio de seu despois de que Planeta decidise dar prioridade á edición impresa ADN, e agora este mesmo grupo decidiu vender a súa participación do 30% na guía de lecer en liña Lanetro, que era todo un referente, e que na actualidade está «en período de hibernación», pois o portal creado hai 11 anos vén de desfacerse de 14 dos seus traballadores, de xeito que queda baixo mínimos (incluso externalizándose o servizo de informática).
Temos así que «a máis veterana guía de lecer en España queda sen o seu equipo humano de redacción e comunicación, así como comunidade», e escríbese o que podería ser unha desaparición máis de importantes páxinas web españolas no que xa parece unha vaga causada pola actual conxuntura económica.
Lanetro.com entra en hibernación
Compartir Este Artigo
