Hai máis dun ano, Nicholas Negroponte presentou o que sería o XO-2, un ultraportátil de baixo custo para os nenos de países en vías de desenvolvemento que faría uso de dúas pantallas táctiles abatibles, de xeito que podería usarse coma un dispositivo de lectura (coma se fose un libro) ou a xeito de portátil (valéndose dun teclado virtual nunha das súas pantallas), pero que finalmente non verá a luz segundo declarou nunha entrevista a Xconomy, pois estarían a centrar os seus esforzos en 2 novos equipos: – Un considerado como unha versión 1.75, que sería o equivalente ao portátil XO-1 pero que substituiría o seu procesador AMD Geode por un ARM – Unha versión 3.0 que tería unha aparencia semellante a unha fola de papel, utilizando unha tecnoloxía semellante á do papel electrónico, aínda que cunha boa resistencia (incluso sería somerxible)
A nova xeración de equipos do proxecto OLPC non terá dúas pantallas táctiles
Compartir Este Artigo
