O director xeral de I+D+i, da Consellería de Economía e Industria, Ricardo Capilla, aclarou hoxe que durante as reunións mantidas co Cluster do Produto Gráfico e Libro Galego se trasladou aos seus representantes o apoio da Xunta ao sector, ao mesmo tempo que se lles comunicou que na Consellería se está a traballar no deseño dunha política de apoio aos centros tecnolóxicos da Comunidade Autónoma, para que estes poidan desenvolverse nun contorno de eficiencia na xestión e excelencia na investigación.
Dende a Dirección Xeral de I+D+i están a deseñar unhas regras claras de xogo para que os centros tecnolóxicos sexan xestionados nun marco no que se combine a optimización dos recursos dispoñibles, coa excelencia no seu funcionamento.
Neste sentido, cómpre sinalar que este é un proxecto de longo recorrido, no que a Consellería de Economía e Industria está a traballar dende o primeiro momento, para asegurar o desenvolvemento sostible dos centros tecnolóxicos e garantir que teñan un futuro solvente.
Economía e Industria está a deseñar políticas de apoio aos centros tecnolóxicos baseadas na eficiencia e na excelencia
Compartir Este Artigo
